Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, dos traballos de fotomecánica, impresión e encadernación do informe sobre a situación sociolaboral da Comunidade Autónoma galega correspondente a 1997.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consello Galego de Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría xeral do Consello Galego de Relacións Laborais.

c) Enderezo: Consello Galego de Relacións Laborais; rúa Algalia de Abaixo, 24; C.P. 15704 Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 16 02/ 03; fax 981 54 16 10.

d) Número de expediente: 1CA/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: realización dos traballos de fotomecánica, impresión e encadernación do informe sobre a situación sociolaboral da Comunidade Autónoma galega correspondente a 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 3.150.000 ptas (IVE incluído).

5. Prazo de execución do contrato.

20 días hábiles, contados desde a entrega dos materiais por parte do órgano de contratación.

6. Garantías.

Definitiva: 4% do orzamento de licitación (126.000 ptas).

7. Clasificación.

Non se esixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Lugar: no rexistro xeral do Consello Galego de Relacións Laborais; rúa Algalia de Abaixo, 24, 15704 Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará o décimo terceiro día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose inhábil ou sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas proposicións en tres sobres pechados e en cada un deles figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

9. Documentación que presentarán os licitadores.

Os licitadores presentarán a documentación que especifican os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.

10. Modelo de proposición.

O que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas particulares.

Tódolos interesados poderán consultalos, ou solicita-lo seu envío por correo, na Secretaría Xeral do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24, 15704 Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

12. Apertura das ofertas.

Terá lugar en acto público na sala de xuntas do Consello Galego de Relacións Laborais, ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

13. Criterios de adxudicación do concurso.

Relaciónanse na cláusula 6 do prego de prescricións técnicas.

14. Variantes ou alternativas.

Os licitadores poderán incluír achegas que complementen ou melloren as establecidas no prego de prescricións técnicas, de acordo co disposto na cláusula 6 do devandito prego.

15. Anuncios.

Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 28-2-1997, DOG do 12 de marzo)

Teresa Pedrosa Silva

Presidenta do Consello Galego de Relacións

Laborais

8531