Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencia segundo a Orde do 17 de decembro de 1997, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

Obxecto: servicios de consultoría e asistencia para a realización dunha campaña publicitaria promocional do producto galego de calidade Mexillón de Galicia.

Procedemento de contratación: aberto por concurso.

Data de resolución: 29-5-1998.

Adxudicatario: Intermedia Grupo de Comunicación, S.L.

Importe: 79.889.200 ptas.

Obxecto: subministración de seis (6) guindastres con destino a diversos portos pesqueiros da C.A. de Galicia.

Procedemento de contratación: aberto por concurso.

Data de resolución: 10-7-1998.

Adxudicatario: Industrias Electromecánicas, G.H., S.A.

Importe: 29.748.200 ptas.

Obxecto: subministración de cámaras frigoríficas con destino ó porto pesqueiro de Ribadeo.

Procedemento de contratación: aberto por concurso.

Data de resolución: 10-7-1998.

Adxudicatario: Toubes y Sebio, S.L.

Importe: 4.950.000 ptas.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 199 do regulamento.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1998.

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

9017