Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 8 de setembro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada EFS número 1, a favor de Santiago Rubén Dieste Sánchez, Andrés Dieste Viturro, Enrique Sanisidro Romero e as cónxuxes dos dous últimos.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, de 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31-5-1993) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (D0G nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: E.F.S. nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal D, cuadrícula 24.

Data da concesión: 28-6-1967.

Data de finalización da última prórroga: 15-7-2007.

Anterior concesionaria: Francisca Arestín Boo (76.451.239).

Novos titulares da concesión e batea: Santiago Rubén Dieste Sánchez (76.970.370), Andrés Dieste Viturro (15.090.588), Enrique Sanisidro Romero (35.911.584), Francisca Arestín Boo (76.451.239) e Ramona Torrado Viturro (33.112.073).

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas da anterior concesionaria, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 8 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

8592