Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 10 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente Secretaría 134/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de acordo cos artigos 114 e 117 da devandita Lei 30/1992, dispón dun prazo dun mes para presentar recurso ordinario ante o conselleiro da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente: Secretaría 134/1998.

Denunciado: Carlos Antonio Gómez Babío.

DNI: 32.833.638A.

Último enderezo coñecido: Sánchez Bregua, 10-baixo, A Coruña.

Razón social: Zipi y Zape.

Calificación da infracción: leve.

Importe da sanción: 25.000 ptas.

A Coruña, 10 de setembro de 1998.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

8593