Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 7 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador P. 5/1998 por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, cos datos e último enderezo coñecido, a resolución do expediente sancionador P. 5/1998 por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.

Fáiselle saber que, de acordo co título VII, capítulo II, sección 2ª, artigos 114 a 117, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispón do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

En caso de conformidade coa sanción deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde número 001-014017-2 do Banco Bilbao Vizcaya, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, expido, asino e selo a presente cédula, en Santiago de Compostela o 7 de setembro de 1998.

Pilar Farjas Abadía

Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último

enderezo

coñecido

Feito

denunciado

Precepto

infrinxido

SancionadorSanción

imposta

P. 5/1998Pastelería

Marienda

r/ Severino

Cobas 332.

Vigo

Infracción

en materia

sanitaria:-Falta de

autorización

oficial.-O persoal

carece de

carné de

manipula-

dor.-Deficien-

cias estruc-

turais.-Deficien-

cias de

manipu-

lación.

R.d.

2419/1978,

do 19 de

maio.-R.d.

2207/1995,

do 28 de

decembro.-R.d.

1712/1991,

do 29 de

novembro.

-Lei

14/1986

(xeral de

sanidade)

550.000 ptas.

8544