De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, cos datos e último enderezo coñecido, a resolución do expediente sancionador S-8/1998 por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo.
Fáiselle saber que, de acordo co título VII, capítulo II, sección 2ª, artigos 114 a 117, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispón do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.
En caso de conformidade coa sanción deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde número 001-014017-2 do Banco Bilbao Vizcaya, sucursal de Santiago de Compostela.
Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, expido, asino e selo a presente cédula, en Santiago de Compostela o 7 de setembro de 1998.
Pilar Farjas Abadía
Directora xeral da Saúde Pública
ANEXO
Último
enderezo
coñecido denunciado infrinxido sancionador impostaExpediente Denunciado
Feito
Precepto
Precepto
Sanción
Sánchez
Poblador
(Confitería
Marysán).
Avda. da
Coruña nº
85. Lugo. en materia
sanitaria:-Deficien-
cias estruc-
turais gra-
ves.-Deficien-
cias de
manipula-
ción graves.-Non cum-
pri-las
medidas
provi-
sionais. 2419/1978,
do 19 de
maio.-R.d.
1945/1983,
do 22 de
xuño.-R.d.
157/1985,
do 11 de
xullo. 14/1986
(xeral de
sanidade).S. 8/1998 Felicitas
Infracción
-R.d.
-Lei
500.001 ptas.
8529