Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 10 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a proposta de resolución do expediente sancionador, referencia Secretaría 63/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a proposta de resolución do expediente sancionador contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.3º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora), dispón dun prazo de 15 días para presentar alegacións.

Expediente: Secretaría 63/1998.

Denunciado: Emilio Llorente Díaz.

DNI: 32.261.519.

Último enderezo coñecido: Peirao do Leste, P. 47, A Coruña.

Calificación da infracción: leve.

Importe da sanción: 25.000 ptas.

A Coruña, 10 de setembro de 1998.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

8528