Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

AVISO do 3 de setembro de 1998, da Xefatura de Servicio de Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a toma de posesión provisional de predios da zona de concentración parcelaria de Santa Nariña de Gafoi (Frades-A Coruña).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Santa Mariña de Gafoi (Frades-A Coruña) e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes do seis por cento dos titulares das explotacións, nin representando os reclamantes máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, resolveu dar posesión provisional dos novos predios. A dita toma de posesión é obrigatoria para tódolos interesados e enténdese, sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Os interesados poderán reclamar ante esta xefatura (edificio administrativo, praza Luis Seoane, s/n, 15008-A Coruña) xuntando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, dentro dos trinta días seguintes ó da publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia (artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Para os oportunos efectos establécense os seguintes prazos de toma de posesión:

a) Labradío sen colleita pendente, prados e pastos, o día seguinte ó da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia.

b) Os restantes predios, no momento de seren retiradas as colleitas que estivesen pendentes de recolección no día antes citado.

c) En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre achegante e adxudicatario; en caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de achega dentro dos seis meses seguintes ó da publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia, logo de petición á Xefatura de Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e o informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente no caso de seren especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo, entenderase que pertencen ó propietario do novo predio.

A Coruña, 3 de setembro 1998.

P.O.

Ángel Hernáez Ruiz

Xefe de Servicio de Desenvolvemento Rural

da Coruña

Visto e prace:

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado Provincial da Coruña

8543