Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7006; XG-380, entre Figueredo e Betanzos, con anexos.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres,

e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) mediante a incorporación do tramo Betanzos-A Coruña, como anexo da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7006; XG-380, entre Figueredo e Betanzos, con anexos, da titularidade de Autocares Antonio Vázquez, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, logo de exame da documentación pertinente, no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses) efectua-las alegacións que estimen oportunas no prazo dun mes contado a partir do día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

8614