Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.984

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (275/1998-02).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada en xuízo voluntario de testamentaría 275/1998, que se segue neste xulgado por instancia de Antonio Vieites Iglesias, representado pola procuradora Goimil Martínez, contra Adelaida Vieites Iglesias e Manuel Vieites Fernández, por medio desta cédula cítase a Manuel Vieites Fernández,do que se descoñece o domicilio actual, para que no termo de quince días compareza en autos, en legal forma, coa prevención que de non o facer no prazo indicado será declarado en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso sen lle facer máis notificacións nin citacións cás que a lei determine.

E para que lle sirva de citación en legal forma a Manuel Vieites Fernández, expido esta cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o dous de setembro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

6629