Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 05 de outubro de 1998 Páx. 10.935

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 265/1998 do 2 de outubro, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, durante a ausencia do seu titular, o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Con motivo da viaxe do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais a Bélxica e Suíza, cómpre prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e du seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, con motivo da súa viaxe a Bélxica e Suíza, encárgase do despacho de asuntos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, desde o 3 de outubro, ata o seu regreso, o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, dous de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Presidente en funcións

(Decreto 264/1998, do 30 de setembro)

8931