Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 02 de outubro de 1998 Páx. 10.914

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta levantada pola comisión paritaria do convenio colectivo de ámbito provincial do sector do transporte de viaxeiros por estrada de Ourense.

Visto o texto da acta levantada pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector de transporte de viaxeiros por estrada (código nº 3200315) de Ourense, publicado no BOP nº 144, do 25-6-1998, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Viaxeiros por Estrada de Ourense. e da parte social polas centrais sindicais, CC.OO., UGT e CIG, na xuntaza celebrada o día 9-7-1998 e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación á representación económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 20 de agosto de 1998.

P.A.

José César Losada Álvarez

Secretario provincial de Ourense

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo de transporte de viaxeiros por estrada

En Ourense, ás 12 horas do día 9 de xullo de 1998, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo do sector do transporte de viaxeiros por estrada de Ourense, composta por representantes das centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, pola parte social, e da Asociación de Empresarios de Transporte de Viaxeiros por Estrada de Ourense pola económica, co fin de corrixir un erro observado no texto do convenio colectivo do sector, segundo se publicou no BOP e nas follas estatísticas que se lle xuntaban, nas que figura Orencar como asociación empresarial asinante do convenio.

Reunidas as partes e tras comenta-lo obxecto da reunión, toman os seguintes acordos:

Levanta-la acta desta reunión da comisión paritaria, en virtude da cal se proceda á corrección do erro observado no texto e nas follas estatísticas do

convenio colectivo de transporte de viaxeiros por estrada de Ourense para 1998, eliminando a Asociación Empresarial Orencar como asinante do texto, xa que os seus membros, malia seren integrantes da comisión negociadora, non o asinaron. Pola súa parte, os presentes salientan que a falta das súas sinaturas non obsta a directa aplicación do texto ás empresas que integran a dita asociación, tendo o convenio o carácter Erga Omnes por posuí-los requisitos de lexitimación que se lles esixen ós convenios estatutarios recollidos no tÍtulo III do Estatuto dos traballadores.

Apoderar na representante da Asociación Empresarial de Transporte de Viaxeiros por Estrada de Ourense para a remisión deste acordo á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para que se proceda, como legalmente corresponda, ó seu rexistro e publicación.

E, sen máis puntos que tratar, levántase a sesión, ás 12.30 horas, no mesmo lugar e data establecidos ó comezo, e recóllese o acordado na presente acta que, en proba de conformidade, asinan os asistentes por quintuplicado exemplar.

8856