Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 01 de outubro de 1998 Páx. 10.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día dezasete de xullo, acordou:

1. Aproba-lo estudio de detalle promovido por instancia de Roberto Rodríguez Toral, comprensivo dun terreo situado en Ameneiro-Calo, dunha superficie de 6.064 m, clasificados 4.439 m dela como solo URTA nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento do concello, incluíndo as modificacións correspondentes ó informe da demarcación de estradas do Estado en Galicia, con data do 23 de abril, que consta no expediente, así como o proxecto de compensación unido ó estudio de detalle.

2. Comunicarlle este acordo ó Servicio Provincial de Urbanismo no prazo de dez días, e publicalo no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público en cumprimento do artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Teo, 18 de xullo de 1998.

Armando Blanco Martínez

Alcalde

8849