Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 01 de outubro de 1998 Páx. 10.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da execución da redacción do proxecto e execución das obras de rehabilitación e adaptación do edificio da Casa Rectoral para centro de servicios comunitarios (rúa Caracol, San Vicente e Méndez Núñez).

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Vigo.

Dependencia: Programa Urbano, Patrimonio e Contratación.

Número de expediente: 153/450.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: redacción do proxecto e execución das obras de rehabilitación e adaptación do edificio da Casa Rectoral para centro de servicios comunitarios na rúa Caracol de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: 18 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 83.227.516 pesetas.

5. Garantías:

Provisionais: 2% do orzamento base.

6. Obtención da documentación e información:

Rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas:

Prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Docuemntación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposicións axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 21 de setembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

8468