Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 01 de outubro de 1998 Páx. 10.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (153/1998).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria realizada o día 11 de setembro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno, por unanimidade, acordou:

1. Aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOU de Ourense, de modificación de uso, autorizando o de ensino na zona 6 do SU -7, edificio nº 5 da rúa Reza, por pedimento de Francisco Novoa Rodríguez, en representación de Postal Escola de Negocios, S.L

2. Sometelo a información pública.

O dito expediente atópase no Departamento de Xestión e Promoción Urbana, Planeamento, sito na terceira planta da Casa do Concello na praza Maior número 1, para, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, sometelo a exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Ourense, 18 de setembro 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

8467