Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 01 de outubro de 1998 Páx. 10.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a realización dunha consultoría e asistencia para o asesoramento nas áreas de diagnóstico por imaxe e electromedicina. (S-438/98).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, Servicio de Contratación, edificio administrativo San Caetano, bloque 2 - 2º, teléfono 981 54 57 65; fax 981 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Descrición da asistencia: realización dunha consultoría e asistencia para o asesoramento nas áreas de diagnóstico por imaxe e electromedicina.

3. Orzamento total: 45.000.000 de pesetas, IVE incluído.

a) Lugar de execución: no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Requisitos específicos do contratista:

Para os empresarios españoles: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Para os empresarios de estados membros da Comunidade Europea, observarase o disposto no artigo 25.2º da Lei de contratos das administracións públicas.

Para as empresas estranxeiras non comunitarias, observarase o disposto no artigo 23 da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Indicacións relativas á posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: pola totalidade.

6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-la asistencia: desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 1998.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2 - 2º, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 3 de outubro de 1998.

9. a) Data límite de recepción das ofertas: 6 de novembro de 1998.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. (Dirección Xeral de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

d) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

e) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no ático da ala norte a partir das 9.30 horas do 17 de novembro de 1998.

10. Garantías esixidas: garantía provisional do 2% do orzamento de licitación.

11. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.

12. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

13. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo prestador de servicios: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

15. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas punto 10.

16. Información complementaria: no enderezo e servicio indicados no punto 1.

17. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

8718