Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 01 de outubro de 1998 Páx. 10.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, para a subministración de adquisición de moblaxe xeral para o Hospital Comarcal do Salnés (Vilagarcía de Arousa). (SCS.-26/98). (4 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde. Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (División de Recursos Económicos) edificio administrativo San Caetano, bloque 2, planta 2ª en Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 27 67, fax: 981 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público subministracións sucesivas.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Hospital Comarcal do Salnés (Vilagarcía de Arousa).

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: subministración de moblaxe xeral (catro lotes).

Orzamento total: corenta e sete millóns oitocentas mil pesetas, IVE incluído (47.800.000 pesetas IVE incluído).

Lote nº 01: mesas e andeis. 27.047.700 pesetas.

Lote nº 02: cadeiras. 14.983.700 pesetas.

Lote nº 03: camas, sofás, mesas centro. 3.843.600 pesetas.

Lote nº 04: complementos. 1.925.000 pesetas.

Total de licitación: 47.800.000 pesetas. IVE incluído. Desagréganse en dúas anualidades: ano 1998: 2.643.900 pesetas e ano 1999: 45.156.100 pesetas.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada lote licitarase de forma completa, indicando os prezos unitarios para cada un dos artigos que o integran e non se admitirán ofertas que no conteñan a totalidade dos artigos que compoñen o lote.

De forma individual poderán efectuar ofertas pola totalidade dos lotes da subministración ou por unicamente algún dos lotes establecidos.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto : un (1) mes desde a petición.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 21 de outubro de 1998.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 28 de outubro de 1998.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional:

Lote nº 01: 540.954 pesetas.

Lote nº 02: 299.674 pesetas.

Lote nº 03: 76.872 pesetas.

Lote nº 04: 38.500 pesetas.

Licitando ós catro lotes 956.000 pesetas.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter ecónomico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver folla de especificacións e prego de condicións técnicas.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

1. Deseño, calidade e condicións técnicas e súa adecuación ó solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

2. Prezo ofertado: ata 3 puntos.

3. Prazo de entrega: ata 2 puntos.

14. Se é o caso, prohibición de variantes. Non se admiten variantes.

15. Información complementaria.

16. Data da publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio da información previa ou mención da súa non publicación: 2-7-1998.

17. Data de envío do anuncio: 22 de setembro de 1998.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos

8220