Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 01 de outubro de 1998 Páx. 10.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación do procedemento sancionador de pesca fluvial 98/0193.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151, do 5-8-1992) e do Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, por non ser posible a súa notificación.

Noméase intructora do procedemento a Ana Mª Díaz López, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería na Coruña, segundo o artigo 40 da Lei de pesca fluvial en concordancia co artigo 101 do seu regulamento.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples -Monelos- e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para recusación da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuar alegacións no prazo anterior este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Ó abeiro do disposto no artigo 8.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña carácter pecuniario, o pagamento voluntario polo imputado en calquera momento anterior á resolución, poralle fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples -Monelos- A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 18 de setembro de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: P-98/0193.

Denunciado: José Mª Pérez Muela.

DNI: 6.204.513.

Último enderezo coñecido: Dr. Fariña, 4-5º, Betanzos.

Feitos denunciados: pescar nunha zona prohibida.

Tipificación Lei de pesca:

Artigo: 34.6º en concordancia co 91.6º.

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 50.001 ptas. de multa. Inhab. 1 ano.

8527