Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 01 de outubro de 1998 Páx. 10.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional de Comerciantes Porta Nova.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados ás 11 horas do día 4 de setembro de 1998 a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional de Comerciantes Porta Nova, que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: local (Ferrol).

Profesional: empresarios que desenvolvan a súa actividade no Centro Comercial Porta Nova e que voluntariamente soliciten a súa incorporación.

Asinan a acta de constitución: Mª Luisa Tábora Lores e catro persoas máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 4 de setembro de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

8782