En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados ás 11 horas do día 3 de setembro de 1998 a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional de Productores de Leche del Xallas (Aprolexa), que teñen os seguintes ámbitos:
Territorial: comarcal.
Profesional: titulares de explotacións de vacún de leite que voluntariamente soliciten a súa afiliación.
Asinan a acta de constitución: Rosendo Agra Blanco e dezasete persoas máis.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
A Coruña, 3 de setembro de 1998.
María Reyes Carabel Pedreira
Delegada provincial da Coruña
8657