Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 01 de outubro de 1998 Páx. 10.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada nos expedientes sancionadores de pesca fluvial 98/0037 e 98/0103.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción administrativa á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151, do 5 de agosto) e máis do seu regulamento, por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser exa

minado na Delegación Provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples -Monelos- A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Medio Amabiente, para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 18 de setembro de 1998.

P.A.

Ana Mª Díaz López

Instructora

ANEXO

Expediente: P-98/0037.

Denunciado: José M. Martínez Vázquez.

DNI: 76.328.542.

Último enderezo coñecido: Curros Enríquez, 17, O Temple-Cambre.

Feitos denunciados: pescar desde embarcación sen matrícula expedida polo organismo competente en materia de pesca fluvial.

Tipificación Lei de caza:

Artigo: 34.2º en concordancia co 91.2º.

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 50.001 ptas. de multa. Inhab. 1 ano.

Expediente: P-98/0103.

Denunciado: Juan Villasante Carreira.

DNI: 33.286.140.

Último enderezo coñecido: Rodrigo de Santiago, 42, A Coruña.

Feitos denunciados: pescar sen levar consigo documento acreditativo da súa identidade.

Tipificación Lei de caza:

Artigo: 33.1º en concordancia co 90.1º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 5.000 ptas. de multa.

8783