Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 01 de outubro de 1998 Páx. 10.864

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 264/1998, do 30 de setembro, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia á República Arxentina e República Oriental do Uruguai é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe á República Arxentina e República Oriental do Uruguai encárgaselle o despacho de asuntos da presidencia, desde o 1 de outubro ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, trinta de setembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

8848