Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 01 de outubro de 1998 Páx. 10.863

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 17 de setembro de 1998 pola que se nomean os membros da Comisión Asesora en Materia de Psicoxeriatría.

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 2 da Orde do 15 de xullo de 1998, pola que se crea a Comisión Asesora en Materia de Psicoxeriatría, noméanse membros dela as persoas que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1998.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Relación de persoas que se nomean membros da Comisión Asesora en Materia de Psicoxeriatría.

Vocais.

En representación da Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Fagal):

Mercedes Vidal Baamonde. Presidenta da Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Fagal).

Designados pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria:

Alfredo Robles Bayón. Médico especialista en Neuroloxía.

Raimundo Mateos Álvarez. Médico especialista en Psicoxeriatría.

Mª Carmen Fernández Merino. Médico de Atención Primaria.

Mª Josefa Carril Sanmiguel. Enfermeira de Atención Primaria.

Fernando Veiga Fernández. Médico especialista en Xeriatría.

Designados pola Dirección Xeral de Servicios Sociais.

Arántzazu Montiel Íñiguez. Xefa do Servicio de Atención ás Persoas Maiores.

Luis Francisco Garrido Sastre. Médico da Residencia de Persoas Maiores de Oleiros.

8156