Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 30 de setembro de 1998 Páx. 10.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolucións en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos (176/98 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 3110000025 de Caixa Galicia-Urbana nº 40 da Coruña-, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías 18-1º A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 31 de agosto de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº expedienteDenunciadoDNI/CIFEnderezoEstablecementoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

176/98Turihost, S.L.B15482946Rúa de Boiro, 6-4ºC

Santiago de C.

Pub Pérez y Pérez26 e) LO 1/199228 LO 1/199250.000 ptas.
88/98Eduardo García Gómez e

J.M. Expósito S.C.

G15576665Avda. de Miguel

González Garcés

Culleredo

La Hamburguesería23 m) LO 1/199228 LO 1/199251.000 ptas.
1032/97Antonio Otero Pacheco33198159Rúa Lermo, 22

Santiago de C.

Café Bar Merliño23 0) LO 1/199228 LO 1/1992Caducidade

913/97Mª Amelia Criado

Martínez

32616797ZInstituto nº 43-1º

Ferrol

Ningures23 e) LO 1/199228 LO 1/199250.100 ptas.

8448