Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 30 de setembro de 1998 Páx. 10.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1998 pola que se convoca a contratación da subministración, polo procedemento aberto mediante concurso e trámite de urxencia, da dotación complementaria de vaixela, enxoval, cubertos, cristalería e lencería para a Pousada de Portomarín (Lugo).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la convocatoria da contratación, polo procedemento aberto mediante concurso e trámite de urxencia, da subministración que se cita:

1. Obxecto: contratación da subministración, polo procedemento aberto mediante concurso e trámite de urxencia, da dotación complementaria de vaixela, enxoval, cubertos, cristalería e lencería para a Pousada de Portomarín (Lugo).

2. Orzamento de licitación: quince millóns duascentas cincuenta e oito mil seiscentas corenta e unha pesetas (15.258.641).

3. Prazo de execución do contrato: quince (15) días.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderase retirar na Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Praza de Mazarelos, 15, Santiago de Compostela.

5. Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

6. Modelo de proposición: o que figura como anexo II ó prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, indistintamente, no Rexistro da Dirección Xeral de Turismo situado na Praza de Mazarelos nº 15, Santiago de Compostela, no da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, situado na planta segunda do edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia para a contratación da subministración complementaria para a dotación de vaixela, menaxe, cubertos, cristalería e lencería da Pousada de Portomarín, que presenta... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

8. Apertura de proposicións: en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ás 10 horas do vixésimo día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG; no caso de que este día coincida en sábado, domingo ou festivo, a mesa celebrarase o día hábil seguinte.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o deberá aboar con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1998.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

8449