Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 30 de setembro de 1998 Páx. 10.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1998 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, a contratación da obra de remate e acondicionamento de ampliación na planta 1ª do Museo Etnolóxico de Ribadavia (Ourense).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, a contratación da seguinte obra:

-Remate e acondicionamento de ampliación na planta 1ª do Museo Etnolóxico de Ribadavia (Ourense).

-Orzamento de licitación: oito millóns trescentas noventa e nove mil cento oitenta e oito pesetas (8.399.188 ptas.). IVE incluído.

-Prazo de execución: un (1) mes.

-Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

-Fianza provisional: non se exise.

-Exposición dos pregos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas estarán de manifiesto para o seu exame no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 h do décimo terceiro día natural, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17 de decembro)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

8811