Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 30 de setembro de 1998 Páx. 10.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social 297/98 y 356/98.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador e informándoselles que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso ordinario perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndoos que de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Expediente: 297/98.

Acta nº: 314/98.

Titular: Constr. El Burgo y Excavaciones S.L.

NIF/DNI: B-15.613.854.

Enderezo: Rúa Nova, 18-3º D, A Coruña.

Materia: S.H.

Data Res.: 17-7-1998.

Sanción: 251.000 ptas.

Expediente: 356/98.

Acta nº: 2076/98(II).

Titular: Pena Jove C, S.L.

NIF/DNI: B-15.498.884.

Enderezo: Jesús García Naveira, 35-37, Betanzos.

Materia: S.H.

Data Res.: 18-8-1998.

Sanción: 0 ptas.

A Coruña, 1 de setembro de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

8807