Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 29 de setembro de 1998 Páx. 10.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión do 13 de xullo de 1998, acordou aprobar inicialmente os seguintes proxectos:

1. Modificación e adaptación do plan parcial dás Fontiñas.

2. Modificación e adaptación do plan especial de reforma interior de Vieiro.

3. Modificacións puntuais do plan especial de reforma interior de Outeiro.

4. Modificacións puntuais do plan especial de reforma interior de Concheiros-Cotaredo-San Lázaro.

Os expedientes expóñense ó público no negociado de planeamento e xestión durante o prazo de dous meses contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial dos proxectos anteriormente citados determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias nos seus respectivos ámbitos, para os usos e obras que resultan incompatibles coa ordenación proxectada.

Contra o acto de suspensión de licencias os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-ad

ministrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza no prazo de dous meses a partir da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

8781