Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 29 de setembro de 1998 Páx. 10.808

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

CONTRATACIÓN de servicio.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado na contratación dun seguro de responsabilidade civil para as súas unidades clínicas.

Nº expediente: CTRL/20/1998.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza de Europa 5A-6B Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horaa, nos dez días naturais a partir da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do instituto, en Santiago de Compostela, no horario e prazo sinalado, ou no teléfono. 981 57 76 50. Fax: 981 57 78 43.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1998.

Carlos Crespo Sabarís

Director xerente do Instituto Galego

de Medicina Técnica

8780