Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 29 de setembro de 1998 Páx. 10.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1998 pola que se publica a contratación da subministración dun equipo analizador de espectros en tempo real, con destino á medición de ruídos, para os servicios técnicos municipais.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita el expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración dun equipo analizador de espectros en tempo real, con destino á medición de ruídos, para os servicios técnicos municipais.

b) Lugar de entrega: Casa do Concello.

c) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a efectua-la entrega do equipo no prazo de quince días contados desde a data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: 2.277.551 ptas., incluído todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantías.

a) Provisional: 45.551 ptas.

b) Defintiva: 91.102 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra, praza de España s/n, Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anunico no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, de 9 a 13 horas.

d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura das ofertas.

Pola mesa de contratación ás 10.15 horas do primeiro luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo, de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os de transporte, entrega e instalación do equipo.

Pontevedra, 1 de setembro de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

8769