Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 29 de setembro de 1998 Páx. 10.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

ANUNCIO de corrección de erros.

Advertido erro no anuncio que se cita, publicado no DOG nº 172, do 4 de setembro de 1998, cómpre face-la oportuna corrección:

-Na páxina 10.017, onde di: «Resolución do 20 de agosto de 1998 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, expediente 7/1998.», debe dicir: «Resolución do 20 de agosto de 1998 pola que se convoca concurso por procedemento aberto e tramitación ordinaria, expediente 7/1998.».

E, onde di: «Proposicións: data límite ás 14 horas do prazo de 26 días hábiles contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou no DOG.», debe dicir: «Proposicións: data límite ás 14 horas do prazo de 26 días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación no BOP ou no DOG.».

Arbo, 5 de setembro de 1998.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde

8420