Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 29 de setembro de 1998 Páx. 10.803

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 24 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación das resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de pesca fluvial devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán a seguir, resolucións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de pesca fluvial 7/1992, do 24 de xullo (DOG nº 151, do 5 de agosto).

O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta 0388903110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso que se facilitará en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da presente notificación, agás a presentación do recurso pertinente. No caso contrario procederase ó seu cobro pola vía executiva.

Faise constar que para obter ou renova-la licencia de pesca, será requisito imprescindible acreditar ter aboada a multa que corresponda, unha vez sexa firme a resolución.

Contra esta resolución caberá interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da presente publicación, perante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. De non se-lo caso, aquela adquirirá firmeza para tódolos efectos.

Ourense, 24 de agosto de 1998.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 82/97P.

Nome e apelidos do denunciado: Javier Regueira Gómez.

Último enderezo coñecido: Interior 9-2, Ponferrada, León.

Feito denunciado: pescar utilizando luces.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.9º da Lei de pesca fluvial.

Sanción imposta: 50.001.

Nº expediente: 196/97P.

Nome e apelidos do denunciado: Juan Ramón Gorgojo Prado.

Último enderezo coñecido: r/ Valle Inclán, 23-1º, Ourense .

Feito denunciado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da lei de pesca.

Sanción imposta: 50.001.

8406