Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 29 de setembro de 1998 Páx. 10.780

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de xullo de 1998 pola que se resolve o concurso público convocado por Orde do 23 de marzo de 1998 (DOG número 63, do 2 de abril), para a adxudicación de dúas bolsas para realizar estudios relacionados coa Unión Europea no Colexio de Europa en Bruxes.

No Diario Oficial de Galicia nº 63, do 2 de abril de 1998, publicouse unha orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 23 de

marzo de 1998, pola que se aprobaron as bases que rexían a convocatoria de dúas bolsas para realizar estudios relacionados coa Unión Europea no Colexio de Europa en Bruxes.

Na súa virtude, de acordo coa proposta elaborada pola comisión de selección e unha vez que o Colexio de Europa de Bruxes non considerou a proposta formulada pola comisión,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declarar desertas as dúas bolsas convocadas na Orde do 23 de marzo de 1998.

Artigo 2º

Contra a presente disposición, que lle pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109.c da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir da entrada en vigor da presente orde, de acordo co disposto nos artigos 57 e seguintes da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

8290