Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOECHE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Moeche.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: pavimentación accesos a núcleos de poboación.

b) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: de urxencia.

b) Procedemento: aberto.

c) Concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 9.712.824 pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Moeche.

Enderezo: Campos do Foxo, s/n.

Localidade e código postal: Moeche 15563.

Teléfono: 981 40 40 06, fax: 981 40 42 00.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG, en horario das 9 ás 13 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase consonte o establecido na cláusula 12ª dos pregos, no rexistro do concello.

8. Apertura das ofertas.

a) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. No caso de coincidir en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

9. Gastos dos anuncios.

Os gastos dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Moeche, 12 de setembro de 1998.

Xulio Cribeiro García

Alcalde

8392