Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

SERVICIO de limpeza de centros escolares.

Por acordo do Pleno do Concello do 15 de setembro do ano que andamos acordouse rectifica-lo prego de condicións aprobado polo concello o nove de xullo pasado, para a contratación do servicio de limpeza dos centros escolares, esixindo a clasificación dos posibles contratistas como empresa de servicios, grupo III, subgrupo 6, categoría A, subsistindo o resto do prego sen modificación ningunha de conformidade co procedemento anunciado no DOG nº 147, do 31 de xullo (páxina 8.972) e no BOP nº 138, do 21 de xullo (páxina 11), polo que se abre o prazo para a presentación de novas proposicións durante 13 días naturais a partir da publicación deste anuncio no DOG e no BOP.

Gondomar, 16 de setembro de 1998.

Ramón Sestelo Fernández

Alcalde

8707