Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1998, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela (Lugo), pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da subministración dun ecógrafo doppler color para radioloxía, un respirador neonatal para pediatría e un campímetro para oftalmoloxía.

A Dirección de Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foren delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto:

C.P. 8/1998, subministración dun ecógrafo doppler cor para radioloxía, un respirador neonatal para pediatría e un campímetro para oftalmoloxía. Orzamento: 17.900.000 (dezasete millóns novecentas mil), IVE incluído; lote I: 12.000.000 (ecógrafo doppler cor), lote II: 3.000.000 (respirador neonatal) e lote III: 2.900.000 (campímetro).

1. Prazo de execución: entrega única.

2. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hos

pital da Costa, teléfono 982 58 98 57 e fax 982 58 98 58, durante o prazo de admisión de proposicións.

3. Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación de subministracións solucións alternativas ás definidas nas prescricións técnicas.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinadados no anexo I do prego.

5. Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.

6.Criterios de adxudicación:

-Características técnicas: ata 6 puntos.

-Asistencia técnica: ata 6 puntos.

-Prezo: ata 5 puntos.

-Prazo de entrega: ata 4 puntos.

7. Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación (lote I: 240.000 pesetas; lote II: 60.000 pesetas, lote III: 58.000 pesetas). A dita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

8. Clasificación: non se esixe.

9. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

10. Apertura de proposcións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 15 de setembro de 1998.

Jesús Santiago Ares Martínez

Director xerente do Hospital da Costa de Burela

de Lugo

8706