Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresarios de Pompas Fúnebres de la Provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Concialiación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios de Pompas Fúnebres de la Provincia de Pontevedra, que abarcan os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: empresarios de pompas fúnebres.

Asinan a acta de constitución: David López Martínez e outros.

Vigo, 7 de setembro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

8314