Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e plan de restauración de concesión de explotación derivada do permiso de investigación San Antonio V, número 5.736, no concello de Friol, provincia de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude:

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de impacto ambiental e plan de restauración da concesión de explotación derivada do permiso de investigación San Antonio V, nº 5736, situada no concello de Friol, provincia de Lugo.

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse, a disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

*Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

*Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

*Concello de Friol.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contando a partir do seguinte día da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

8319