Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación persoal.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 0201021083 da Caixa Pontevedra O.P. de Vigo, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa firme. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na r/ Gagos de Mendoza, 2-2º, Pontevedra.

Transcorrido o citado prazo, cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario ante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que se presente, a resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

ANEXO

Nº de expediente: 1463/97.

Denunciado: Hostelería Vigorosa, S.L.

Representante: Hermógenes Flórez González.

Enderezo: r/ Petelos Balteiro, 50. Mos (Pontevedra).

Establecemento: Los Molinos.

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: Art. 28 da Lei 1/1992.

Sanción: 20.000 ptas.

Nº de expediente: 92/98.

Denunciado: Luis Riveiro López.

Enderezo: Vía Hispanidad, 57. Vigo (Pontevedra).

Establecemento: Oráculo.

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: Art. 28 da Lei 1/1992.

Sanción: 25.000 ptas.

Vigo, 4 de setembro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

8414