Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación Galega de Transportes e Telecomunicacións da CIG (FGTT-CIG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Federación Galega de Transportes e Telecomunicacións da CIG (FGTT-CIG) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: pertencerán á devandita organización sindical tódolos traballadores en activo ou parados, afiliados á CIG, pertencentes ás actividades económicas encadradas dentro da dita federación.

Asinan a acta de constitución: Carmela Villar Ruibal e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

8415