Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta do II Congreso e dos estatutos da Federación de Químicas e Enerxía da Confederación Intersindical Galega (CIG-Q.E).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sin

dical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta do II Congreso e os estatutos da Federación de Químicas e Enerxía da Confederación Intersindical Galega que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita organización sindical os traballadores/as que se integren nalgunha das seguintes actividades industriais: centrais enerxéticas, refinerías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.

Asinan a acta do II Congreso, os membros da mesa presidencial, composta polos secretarios César Gómez Meixigo e Margarida Vázquez Veras, co visto e prace de oito persoas máis como presidentes, moderadores e vocais.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

8457