Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación do artigo 1 dos estatutos da Asociación Gallega de Árbitros de Ciclismo.

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou certificación expedida polo secretario da devandita asociación José Ramón López Campos, na que se reflicte o acordo acadado na asemblea xeral extraordinaria celebrada o 7 de marzo de 1998, consistente na modificación do artigo 1.2º.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

8456