En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Mujeres Emprendedoras de Galicia, que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas mulleres maiores de idade, con iniciativa e decisión para emprender negocios, acometer empresas ou desempeñar actividades, dentro do marco da industria, o comercio, a agricultura, o mar e os servicios.
Asinan a acta de constitución: Matilde de Acevedo Taboada e catro persoas máis.
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 1998.
María José Cimadevila Cea
Directora xeral de Relacións Laborais
8455