Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e os novos estatutos da Asociación Provincial de Centros Especiales de Empleo, que no sucesivo e en virtude da dita modificación se denominará Asociación de Centros Especiales de Empleo (Cesmiga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do R.D. 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou acta de modificación e os novos estatutos da Asociación Provincial de Centros Especiales de Empleo, que no sucesivo e en virtude da dita modificación se denominará Asociación de Centros Especiales de Empleo, cambiando, así mesmo, o seu ámbito territorial.

Asinan a acta de asemblea xeral extraordinaria na que se recolle o acordo acadado por unanimidade da modificación dos estatutos, Álvaro Illobre Saavedra, secretario, co visto e prace do seu presidente Leonardo Fernández Sestelo.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 1998.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral de Relacións Laborais

8454