Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta do II Congreso e dos estatutos da Federación CIG-Administración Pública.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público

que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta do II Congreso e os estatutos da Federación CIG-Administración Pública, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán afiliarse á dita organización sindical tódolos traballadores e traballadoras en activo ou desempregados que desenvolvan a súa actividade profesional nas diferentes administracións públicas actuantes en Galicia (Administración central, autonómica, local, correos e telégrafos, entes públicos, organismos autónomos, administración e servicios dos centros de ensino públicos e persoal non docente das universidades, así como entidades públicas empresariais ou calquera outro organismo público que se cree neste ámbito, con independencia da clase de vínculo.

Asinan a acta do II Congreso no que se aproba o novo texto dos estatutos Delmiro Durán Garrido e Carme Pérez Vaquero como secretarios de actas, co visto e prace de sete persoas máis en calidade de moderadores e vocais.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

8453