Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación para la Formación y Promoción de la Joyería Gallega.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación para la Formación y Promoción de la Joyería Gallega, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas físicas ou xurídicas que se dediquen á fabricación de obxectos con metais nobles e pedras preciosas ou semipreciosas.

Asinan a acta de constitución: Juan Manuel Candame Areosa e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

8452