Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 3 de setembro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada Laureano, a favor de Josefina Vicente Buceta.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta o previsto no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10.1º do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente,

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Laureano.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal B, cuadrícula 61.

Data da concesión: 30-1-1956.

Data de finalización da última prórroga: 20-2-2006.

Anterior concesionario: José Pérez Riveiro (42.621.747) e Josefina Vicente Buceta (76.448.910).

Novo titular da concesión e batea: Josefina Vicente Buceta (76.448.910).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 3 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial

P.A.

Lei 30/92, do 26 de novembro (BOE nº 285/92) Art. 17

Decreto 109/98, do 5 de marzo (DOG nº 65/98) Art. 8(4)

Sergio Peñamaría Ramón

Secretario territorial da Coruña

8396