Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o previsto no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10.1º do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente,
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:
Denominación da batea: Pilar nº 2.
Cultivo: mexillón.
Localización: Caramiñal H, cuadrícula 38.
Data da concesión: 21-2-1953.
Data de finalización da última prórroga: 22-2-2002.
Anterior concesionario: José Pérez Riveiro (42.621.747) e Josefina Vicente Buceta (76.448.910).
Novo titular da concesión e batea: Ramón Manuel Pérez Vicente (52.457.658).
O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.
A Coruña, 3 de setembro de 1998.
P.D. (Orde 27-6-1990)
María José Cancelo Baquero
Delegada territorial da Coruña
P.A.
Lei 30/92, do 26 de novembro (BOE nº 285/92) Art. 17
Decreto 109/98, do 5 de marzo (DOG nº 65/98) Art. 8(4)
Sergio Peñamaría Ramón
Secretario territorial da Coruña
8450