Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 31 de agosto de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Frampi número 1, a favor de María Bermúdez Saavedra, Manuel Sayán García, José Manuel del Río España e Mª del Carmen Piñeiro Outeiral.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta o previsto no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10.1º do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente,

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Frampi nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 195.

Data da concesión: 19-10-1966.

Data de finalización da última prórroga: 1-11-2006.

Anterior concesionario: Aniceto Bermúdez Romay (33.111.252).

Novo titular da concesión e batea: María Bermúdez Saavedra (76.506.925), Manuel Sayán García (33.216.637), José Manuel del Río España (33.197.528) y Mª del Carmen Piñeiro Outeiral (33.220.891).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como

obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 31 de agosto de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial

P.A.

Lei 30/92, do 26 de novembro (BOE nº 285/92) Art. 17

Decreto 109/98, do 5 de marzo (DOG nº 65/98) Art.8(4)

Sergio Peñamaría Ramón

Secretario Territorial da Coruña

8395