Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 1 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación das resolucións dos expedientes sancionadores de sanidade alimentaria 87/97 e 1/98.

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se identifican cos datos que a continuación se relacionan, que con esta data se acorda, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación das resolucións dos expedientes sancionadores 87/97 e 1/98, incoados por infracción ó Decreto 239/1986, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos da Xunta de Galicia. As expedientadas dispoñen do prazo dun mes para examina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora, nº 13), co fin de poder presenta-lo recurso ordinario correspondente, se o consideran oportuno, segundo preceptúan os artigos 114 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

1. Expediente sancionador nº: 87/97.

Denunciada: María Teresa Castelao López.

DNI: 10.059.378-Y.

Último enderezo coñecido: rúa Panamá, nº 5. Ponferrada-León.

2. Expediente sancionador nº: 1/98.

Denunciada: Elena Padrón Vázquez.

DNI: 34.904.414-M.

Último enderezo coñecido: rúa Ecuador, nº 62-2º. Vigo-Pontevedra.

Ourense, 1 de setembro de 1998.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense

8398